Minecraft

Ola a todos!

Hoxe veño a falar sobre o meu videoxogo favorito que é... Minecraft.
Gústame moito este xogo e xogo a miúdo, por iso decidín facer esta entrada.
Portada do xogo. Imaxe de BagoGames en flickr

Minecraft é un xogo de mundo aberto formado por cubos, no cal o principal obxectivo é sobrevivir.
Foi creado en 2009 por Marcus Person, coñecido como Notch. A primeira alfa do xogo so tivo unha semana de desenrolo, nesta so había terra, rocha e pouco máis. Durante un tempo saíron versión previas ao xogo final, nestas engadíronse armaduras comida animais e moitos bloques.

En 2011 saíu a versión final do xogo, este xa estaba completo pero os desenroladores crían que facían falta máis cousas. Por iso foron sacando actualizacións como empresa independente ata que en 2014 a empresa Mojang foi comprada por Microsoft. Houbo unha época na que apenas había actualizacións pero en 2016 chegou unha actualización moi importante que cambiou o combate.

As seguintes versións foron algo malas pero en 2018 sacaron unha xenial actualización e a partir dese momento todas están sendo boas.

No xogo hai diferentes modos de xogo, principalmente son o supervivencia e o creativo. O creativo é un modo no que tes todos os materiais e podes facer o que queiras. Na  supervivencia tes que obter comida e materiais para poder comer, armarte, facer un refuxio...

Neste xogo existen servidores nos que hai xogos que podes xogar con outras persoas.

Ata aquí a miña entrada! Espero que vos gustase e ata pronto. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A miña primeira entrada

Noticia da semana 1