Chistes malos

Bo día!

Hoxe estiven mirando uns libros de chistes que tiña pola miña casa e decidín compartir algúns convosco.

Advirto que a maioría son moi malos. Dito isto comezamos.
  
 1)  Era un chiste tan malo que pegaba os chistes máis pequenos.

 2) Era tan, tan, tan, pero, tan, tan, tan, que o chamaban campá.

 3) Unha señora mira cara o seu prato de sopa e grita:
- Camareiro! Camareiro! Hai un rato na miña sopa-
-É que a mosca está de vacacións-

4) Unha señora entra nunha tenda para comprar deterxente e o dependente dille que leve o concentrado xa que lle aforra a metade do traballo. A señora responde:
-Anda! Entón levo dous.-

5) Un neno está a chorar e a súa nai pregúntalle:
-Que che pasa fillo?-
-Mordeume unha serpe.- Di o neno
-Cobra?- 
-Non mamá non custou nada.-

6)-Camareiro, esta carne sabe algo rara.-
-Non dixo onte que non o quería con mostaza?-
-Si-
-Pois non se queixe, este é o mesmo que onte pero está lavado-

Risa. Imaxe de OpenClipart-Vectors en pixabay.

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A miña primeira entrada

Noticia da semana 1