Catán Mercaderes e Bárbaros

Ola a todos!

Hoxe veño a facer a ultima entrada polo momento de Catán. Esta vez vou falar sobre a expansión Mercaderes e Bárbaros. 
Imaxe do xogo. Imaxe de Mateo González González. Imaxe propia.


Nesta expansión distínguense dúas partes:

1) Modificacións do xogo básico.

2) Cambios do mapa.

1) Neste apartado non hai moito que explicar, soamente son uns cambios como que s dados sexan substituídos por cartas ou un modo para dous que o único que engade son unhas fichas para comerciar.

2) Aquí é onde empeza o importante desta expansión. Aquí é onde hai grandes cambios. Esta parte da expansión divídese en cinco que explicarei con detalle.

Peixes para Catán. Esta é das cinco a máis simple, nesta engádense zoas de pesca e unha lagoa. Estas son como outro hexágono, teñen un número e se tes un poboado ou unha cidade e toca o número levas un peixe. Con diferentes peixes podes comprar diferentes cousas.

Os ríos de Catán, nesta engádese a ponte e uns ríos. Cando constrúes un camiño ou un poboado preto dun río recibes unha moeda e ao poñer unha ponte obtés tres moedas Estas serven para comprar e o que máis moedas teña consigue un  punto extra.

No oasis de Catán uns camelos van pola illa. Estes poden aumentar o valor das cidades e poboados se estes quedan entre dous camelos. Ao acabar cada ronda vótase para que os camelos avancen por un sitio ou outro.

Nos bárbaros de Catán os hexágonos de costa serán atacados por bárbaros e farán que eses hexágonos non produzan se toca o número. Para botalos hai que facer cabaleiros e pelexar contra eles.

Por último, Mercaderes e bárbaros. Si, un destes modos chámase coma a expansión. Nesta hai que transportar materiais en carros dende uns lugares a outros. Por cada materia que levemos dun lugar a outro obteremos un punto de vitoria.

Ata aquí esta entrada.

Espero que vos gustara, adeus. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A miña primeira entrada

Noticia da semana 1