Publicacións

Mostrando publicacións desta data: June, 2019

Catán Mercaderes e Bárbaros

Imaxe
Ola a todos! Hoxe veño a facer a ultima entrada polo momento de Catán. Esta vez vou falar sobre a expansión Mercaderes e Bárbaros. 


Nesta expansión distínguense dúas partes:

1) Modificacións do xogo básico.

2) Cambios do mapa.

1) Neste apartado non hai moito que explicar, soamente son uns cambios como que s dados sexan substituídos por cartas ou un modo para dous que o único que engade son unhas fichas para comerciar.

2) Aquí é onde empeza o importante desta expansión. Aquí é onde hai grandes cambios. Esta parte da expansión divídese en cinco que explicarei con detalle.

Peixes para Catán. Esta é das cinco a máis simple, nesta engádense zoas de pesca e unha lagoa. Estas son como outro hexágono, teñen un número e se tes un poboado ou unha cidade e toca o número levas un peixe. Con diferentes peixes podes comprar diferentes cousas.

Os ríos de Catán, nesta engádese a ponte e uns ríos. Cando constrúes un camiño ou un poboado preto dun río recibes unha moeda e ao poñer unha ponte obtés tres…

Chistes malos

Imaxe
Bo día!Hoxe estiven mirando uns libros de chistes que tiña pola miña casa e decidín compartir algúns convosco.

Advirto que a maioría son moi malos. Dito isto comezamos.

 1)  Era un chiste tan malo que pegaba os chistes máis pequenos.

 2) Era tan, tan, tan, pero, tan, tan, tan, que o chamaban campá.

 3) Unha señora mira cara o seu prato de sopa e grita:
- Camareiro! Camareiro! Hai un rato na miña sopa-
-É que a mosca está de vacacións-

4) Unha señora entra nunha tenda para comprar deterxente e o dependente dille que leve o concentrado xa que lle aforra a metade do traballo. A señora responde:
-Anda! Entón levo dous.-

5) Un neno está a chorar e a súa nai pregúntalle:
-Que che pasa fillo?-
-Mordeume unha serpe.- Di o neno
-Cobra?- 
-Non mamá non custou nada.-

6)-Camareiro, esta carne sabe algo rara.-
-Non dixo onte que non o quería con mostaza?-
-Si-
-Pois non se queixe, este é o mesmo que onte pero está lavado-

Minecraft

Imaxe
Ola a todos!Hoxe veño a falar sobre o meu videoxogo favorito que é... Minecraft.
Gústame moito este xogo e xogo a miúdo, por iso decidín facer esta entrada.

Minecraft é un xogo de mundo aberto formado por cubos, no cal o principal obxectivo é sobrevivir. Foi creado en 2009 por Marcus Person, coñecido como Notch. A primeira alfa do xogo so tivo unha semana de desenrolo, nesta so había terra, rocha e pouco máis. Durante un tempo saíron versión previas ao xogo final, nestas engadíronse armaduras comida animais e moitos bloques.
En 2011 saíu a versión final do xogo, este xa estaba completo pero os desenroladores crían que facían falta máis cousas. Por iso foron sacando actualizacións como empresa independente ata que en 2014 a empresa Mojang foi comprada por Microsoft. Houbo unha época na que apenas había actualizacións pero en 2016 chegou unha actualización moi importante que cambiou o combate.
As seguintes versións foron algo malas pero en 2018 sacaron unha xenial actualización e a partir de…

Un home da Pobra do Caramiñal descubre a cura do cancro

Imaxe
Un home da Pobra do Caramiñal descubre a cura do cancro.
Un descubrimento  que cambiara o mundo.



Mateo González González a Pobra do Caramiñal 06062019 15:45

O descubrimento fíxose o 5 de abril de 2019 nos Estados unidos. O científico da Pobra levaba seis anos traballando para descubrir a cura do cancro sen ter que pasar por quimios e radiacións, finalmente descubriuna. El traballou para salvar a humanidade dende sempre xa que cando era pequeno o seu pai morreu de cancro.

A cura está composta por acedos minerais aínda que un dos ingredientes é zume de cítricos. A mestura
non ten ningún efecto secundario preocupante e non hai alerxias a ningún compoñente da medicación.

Nos Estados Unidos xa se utilizou con enfermos terminais de cancro e todos se recuperaron. Moitos consideran isto coma un milagro xa que a esas persoas apenas lles quedaban uns días de vida.

A OMS afirma que este medicamento é un dos máis importantes da humanidade despois do xarope do catarro. O goberno español di que non …