Pokemon


Novo día, nova entrada.

Hoxe, devido que fai uns poucos días saíu a película Detective Pikachu, decidín falar
sobre unha das maiores sagas de videoxogos do mundo: Pokemon.
Se estades vendo isto e sabedes de pokemon poñede nos comentarios o voso favoito. O meu é Blaziquen.
 Esta saga empezou en 1996 en Xapón cos xogos Pokemon vermello e verde, foron un grande éxito, despois sacaron a versión azul. Tempo despois chegaron a Europa e América o vermello e o azul. O verde nunca saíu de Xapón.
Polo éxito dos xogos sacouse unha serie de animación que fixo aínda máis famosa a serie. Como pasaban os anos fóronse sacando máis xogos que, por cada xeración de videoxogos, sacábase unha nova temporada de animación.

Algúns dos xogos mellor valorados son Branco e Negro e Rubí e Zafiro.

Pokemon ten moitos xoguetes, produtos e versións especiais de consolas.
 Game boy de pikachu. Imaxe de Colin Woodcock en PublicDomainPictures.net
Pokemon chegou á gran pantalla  con moitas películas de animación e recentemente fíxose Detective Pikachu en live action.

Ata aquí a miña entrada. Adeus.

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A miña primeira entrada

Noticia da semana 1