Empeza a terceira guerra mundial

Empeza a terceira guerra mundial.

Devido a un accidente dos USA comezou este choque político


Bandeira dos Estados Unidos. Imaxe de willithebear en Pixabay

 A Pobra do caramiñal, Mateo González González, 31052019 16:15
O incidente ocurriu o pasado 29 de maio de 2019 nunha comida co propósito de mellorar relacións diplomáticas entre china e Estados Unidos. Estaban comendo na Casa Branca cando ao final da cena o presidente chino comezou a atoparse mal. Tivo que ir ao Hospital e alí descubriron que foi provocado por unha intoxicación alimenticia. O presidente chino tomouno moi mal ao pensar que fora intencionado. Uns días despois comezaron os ataques aos USA se previo aviso.

O principal culpábel pensase que foi o cociñeiro xa que as veces falaba moi mal dos chinos. 
Aquí temos unhas declaracións do acusado:
-Xuro que non o fixen intencionadamente, sería que algún alimento esteaba en mal estado pero eu non tiña coñecemento diso.-
Autoridades policiais de Estados Unidos comentan que é probable que se lle acuse polo acontecido.

Os chinos entraron pola costa oeste entrando polo deserto de Nevada. Establecéronse en diferentes campamentos por diferentes cidades e campos. Segundo o goberno de Estados Unidos número de mortos xa ascende os 20000, unha cifra preocupante tendo en conta que só levan unha semana de guerra.

A CIA conseguiu observar que o seu exercito componse principalmente por artillerías. Podería ser que imiten a técnica blitzkrieg ou guerra relámpago que usaron os Nazis na Segunda Guerra Mundial. Esta afirma que esta táctica non lles resultará moi útil xa que ao afrontar aos alemáns na segunda guerra mundial saben como facerlle fronte.

Os chineses contan co apoio de Mongolia, India e Corea do Norte. Polo lado de Estados Unidos conta co apoio de Canadá. A terceira guerra mundial xa comezou, algunhas persoas din que ao mellor Rusia aproveita isto para atacar aos Estados Unidos, e Xapón pode que ataque a china.

Aínda que os Estados Unidos contan con maior exercito, a outra alianza é máis numerosa polo que nada está decidido. Esta sería a primeira guerra mundial na que Europa non participa.

















Comentarios

Publicacións populares deste blog

A miña primeira entrada

Noticia da semana 1