Catán Piratas e exploradores

Ola!

Hoxe veño a falar no blog sobre Catán Piratas e Exploradores, este non é un xogo independente, é unha expansión.
Esta expansión engade cousas moi interesantes coma os barcos, os piratas, peixes... Pero vaiamos por partes xa que isto agora vai soar complicado .

Nesta expansión vanse engadindo cousas pouco a pouco. Ao principio hai un mapa no que hai tres illas, dúas de elas non se sabe como están postas ata que se chega alí. Para poder facer poboados tes que levar un barco con colonos as outras illas e cando chegues a un lugar que che guste quitas o bar e os colonos e os deixas na reserva e pos no seu lugar un poboado.

No seguinte amplíanse dúas illas e aparecen os piratas e as súas guaridas, estas poden ser destruídas levando tres unidades nos barcos. Ao liberala obtés puntos de vitoria e nese lugar ponse un número que se fas un poboado alí cando toque o número recives dúas moedas que podes cambiar por cousas. O barco pirata fai que por onde estea ao pasar custe ouro. O demais é igual.


Noutra aparecen unhas partes de mar no que aparecen peixes e hai que ir vendelos a un lugar especifico e hai unhas aldeas que che venden especias por unidades e agasállanche con melloras para o barco.


Isto é o principal desta expansión e espero que vos gustara.

Imaxe do xogo. Imaxe de Mateo González González.






 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A miña primeira entrada

Noticia da semana 1