Catan

Ola!

Estades ben? Iso espero.
Hoxe veño falar sobre un xogo de mesa que me gusta moito. Chámase Catán.
Non o coñecedes? Pois teríades que coñecelo.

O Catan é un divertido, e adictivo, xogo de mesa para tres ou catro xogadores no que o voso obxectivo
 é colonizar unha illa o mais rápido posible. Gaña o que primeiro que chegue a dez puntos de vitoria.
 estes obtéñense, principalmente, de facer poboados e cidades.

Modo de xogo.

No Catán o teu propósito é colonizar unha illa o primeiro, pero, como colonizamos?
Pois para iso estou eu. No xogo empeza cada xogador empeza con dous poboados e dúas estradas.
Os poboados colócanse no punto onde se unen tres hexágonos dos que forman o taboleiro. Estes
poboados produciran materiais dos hexágonos cando toque o número do hexágono nun dado.
Os poboados constrúense con diferentes materiais e apórtache un punto. A cidade de cada hexágono
saca dous materiais e aporta dous puntos. A cidade ten que construírse en lugar dun poboado.

Para moverte pola illa tes que facer estradas e a partir delas constrúense os poboados. Entre dous
pobos, dúas cidades ou pobo e cidade ten que haber dous camiños.

Pódense facer cartas que che dan  vantaxes.

Opinión:

Eu creo que é moi divertido e moi recomendable para calquera persoa.

Nunha próxima entrada falarei sobre as expansións do xogo.   
Foto Catán en Wikipedia

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A miña primeira entrada

Noticia da semana 1