13.2. A noticia da semana 2

Ola, benvidos de novo ao meu blog.


Hoxe veño falar sobre unha das noticias máis polémicas de ultimamente.

O partido de ultradereita de Vox quere que se legalice a venta e a propiedade de armas para españois
en casos de ameaza real.

Fontes de información:


Santiago Abascal propón cambiar a lei para permitir usar armas como defensa persoal en La Voz de

Galicia

Abascal propón legalizar o uso de armas para defensa persoal en ABC

Resumo:

Santiago Abascal, o presidente de Vox, nunha das súas propostas electorais dixo que a constitución
española debe ser modificada para que permita ter armas na casa para poder protexerse.
Estes cidadáns deberan non ter antecedentes e deben ter plena saúde mental.
Todos os demais partidos responderon que isto é innecesario xa que España é un dos países
máis seguros do mundo. Isto significa que Vox está quedando sen ideas. É o que opinan algúns
partidos xa que non queren que isto se converta en Estados Unidos.


Opinión:

A miña opinión é que isto é unha tolería xa que países onde isto está permitido hai moitos
atentados e aparte,  o de que só se poidan usar en defensa propia, agás que os estean vixiando
todo o día non se pode saber se foi ou non en defensa propia.

Imaxe de alles en Pixabay


 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A miña primeira entrada

Noticia da semana 1