Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April, 2019

Catan

Imaxe
Ola! Estades ben? Iso espero. Hoxe veño falar sobre un xogo de mesa que me gusta moito. Chámase Catán. Non o coñecedes? Pois teríades que coñecelo.
O Catan é un divertido, e adictivo, xogo de mesa para tres ou catro xogadores no que o voso obxectivo
 é colonizar unha illa o mais rápido posible. Gaña o que primeiro que chegue a dez puntos de vitoria.
 estes obtéñense, principalmente, de facer poboados e cidades.
Modo de xogo.No Catán o teu propósito é colonizar unha illa o primeiro, pero, como colonizamos? Pois para iso estou eu. No xogo empeza cada xogador empeza con dous poboados e dúas estradas.
Os poboados colócanse no punto onde se unen tres hexágonos dos que forman o taboleiro. Estes
poboados produciran materiais dos hexágonos cando toque o número do hexágono nun dado.
Os poboados constrúense con diferentes materiais e apórtache un punto. A cidade de cada hexágono
saca dous materiais e aporta dous puntos. A cidade ten que construírse en lugar dun poboado.
Para moverte pola illa tes que fa…

Uns cantos chistes.

Imaxe
Ola!Bo día a todos, espero que vos guste a miña nova entrada.

Hoxe non vou tratar ningún tema de interese, pero vou contar uns cantos chistes que espero que vos gusten. Todos estes son chistes de invención propia.
Empezamos:(1) Era tan tan parvo que vendeu a televisión para comprar un reprodutor de video. 

(2) Vai un home a un restaurante chino e dille ao camareiro:
-Quero calne-
-So temos calne de lata-
-Pois que sexa de lata, pero de que tipo?-
-De lata que cole polos lincóns-

(3) -Viches o apagón de onte a noite?-
-Non. Estaba moi escuro.-

(4) Ninguén é perfecto. Firmado: Ninguén.

(5) Era tan tan lento que perdeu coa súa sombra.

(6) Se o río soa... Un musico estáse a afogar.

(7) Nun xuízo:
-Así que a ferida foi por unha arma branca.-
-Si, dinlle un golpe cunha botella de leite.


O meu animal favorito

Imaxe
Ola a todos.
Hoxe vou falar sobre o meu animal favorito, a formiga. Non sei a quen lle interesará saber cal é o meu
animal preferido pero non me importa e vou facer o que me apeteza.
A formiga. Por que me gusta tanto?
Este animal gústame porque é fascinante xa que é moi pequeno, é un gran arquitecto porque as
súas galerías chegan a varios metros de lonxitude e porque son moi sociais. Teñen unha gran
intelixencia.
Estes son os únicos insectos sen alas xa que so teñen as raíñas e despois pérdenas.
Diferéncianse a raíña e as obreiras, dentro das obreiras distínguense as obreiras, as soldado e as
enfermeiras. Nalgunhas especies pode non haber soldados.
As obreira teñen a labor de explorar, cavar, conseguir alimento e cazar. As soldados defenden
o niño e as enfermeiras ocúpanse dos ovos.

13.2. A noticia da semana 2

Imaxe
Ola, benvidos de novo ao meu blog.
Hoxe veño falar sobre unha das noticias máis polémicas de ultimamente.
O partido de ultradereita de Vox quere que se legalice a venta e a propiedade de armas para españois
en casos de ameaza real.
Fontes de información:
Santiago Abascal propón cambiar a lei para permitir usar armas como defensa persoal en La Voz deGaliciaAbascal propón legalizar o uso de armas para defensa persoal en ABCResumo:
Santiago Abascal, o presidente de Vox, nunha das súas propostas electorais dixo que a constitución
española debe ser modificada para que permita ter armas na casa para poder protexerse.
Estes cidadáns deberan non ter antecedentes e deben ter plena saúde mental. Todos os demais partidos responderon que isto é innecesario xa que España é un dos países
máis seguros do mundo. Isto significa que Vox está quedando sen ideas. É o que opinan algúns
partidos xa que non queren que isto se converta en Estados Unidos.

Opinión:A miña opinión é que isto é unha tolería xa que países ond…