Noticia da semana 1

Bo día a todos.

Nesta nova entrada do meu blog vou tratar unha noticia moi polémica que está relacionada coa
independencia de Cataluña de España


Resumo

A xunta electoral central obrigou ao goberno de Cataluña á retirada de todos os símbolos
independentistas dos edificios públicos.  En Cataluña estaban colgados polos edificios públicos
lazos amarelos e a Xunta Electoral Central obrigou retiralos. Entón os independentistas puxeron
lazos brancos e pancartas para a liberación dos políticos independentistas presos.
Devido a isto a Xunta prohibiu  a colocación de calquera símbolo independentista en edificios
públicos. Como protesta puxeron unha pancarta na que se reivindica a liberdade de expresión que
é o articulo 19 dos dereitos humanos.

Sanchez non quixo dicir nada ao respecto deste tema e agora os  Mossos están revisando
escolas en busca de máis símbolos.


Opinión crítica.

Eu creo  que, aínda que a liberdade de opinión ten que ser igual para todo o mundo, se queren
poñer símbolos independentistas que os colgue no balcón da súa casa. Así serían igual de
visibles e non se meterían nestas cousas. Por exemplo: nun concello non se deben poñer
ningún tipo de símbolos xa que o que pode parecer bo para algunhas persoas pode ofender
a outras.

Eu penso que todo isto debería terminar xa porque sempre é a mesma historia, que os deixen
marchar ou que os fagan quedar.


Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A miña primeira entrada