Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

Catán Mercaderes e Bárbaros

Imaxe
Ola a todos! Hoxe veño a facer a ultima entrada polo momento de Catán. Esta vez vou falar sobre a expansión Mercaderes e Bárbaros. 


Nesta expansión distínguense dúas partes:

1) Modificacións do xogo básico.

2) Cambios do mapa.

1) Neste apartado non hai moito que explicar, soamente son uns cambios como que s dados sexan substituídos por cartas ou un modo para dous que o único que engade son unhas fichas para comerciar.

2) Aquí é onde empeza o importante desta expansión. Aquí é onde hai grandes cambios. Esta parte da expansión divídese en cinco que explicarei con detalle.

Peixes para Catán. Esta é das cinco a máis simple, nesta engádense zoas de pesca e unha lagoa. Estas son como outro hexágono, teñen un número e se tes un poboado ou unha cidade e toca o número levas un peixe. Con diferentes peixes podes comprar diferentes cousas.

Os ríos de Catán, nesta engádese a ponte e uns ríos. Cando constrúes un camiño ou un poboado preto dun río recibes unha moeda e ao poñer unha ponte obtés tres…

Chistes malos

Imaxe
Bo día!Hoxe estiven mirando uns libros de chistes que tiña pola miña casa e decidín compartir algúns convosco.

Advirto que a maioría son moi malos. Dito isto comezamos.

 1)  Era un chiste tan malo que pegaba os chistes máis pequenos.

 2) Era tan, tan, tan, pero, tan, tan, tan, que o chamaban campá.

 3) Unha señora mira cara o seu prato de sopa e grita:
- Camareiro! Camareiro! Hai un rato na miña sopa-
-É que a mosca está de vacacións-

4) Unha señora entra nunha tenda para comprar deterxente e o dependente dille que leve o concentrado xa que lle aforra a metade do traballo. A señora responde:
-Anda! Entón levo dous.-

5) Un neno está a chorar e a súa nai pregúntalle:
-Que che pasa fillo?-
-Mordeume unha serpe.- Di o neno
-Cobra?- 
-Non mamá non custou nada.-

6)-Camareiro, esta carne sabe algo rara.-
-Non dixo onte que non o quería con mostaza?-
-Si-
-Pois non se queixe, este é o mesmo que onte pero está lavado-

Minecraft

Imaxe
Ola a todos!Hoxe veño a falar sobre o meu videoxogo favorito que é... Minecraft.
Gústame moito este xogo e xogo a miúdo, por iso decidín facer esta entrada.

Minecraft é un xogo de mundo aberto formado por cubos, no cal o principal obxectivo é sobrevivir. Foi creado en 2009 por Marcus Person, coñecido como Notch. A primeira alfa do xogo so tivo unha semana de desenrolo, nesta so había terra, rocha e pouco máis. Durante un tempo saíron versión previas ao xogo final, nestas engadíronse armaduras comida animais e moitos bloques.
En 2011 saíu a versión final do xogo, este xa estaba completo pero os desenroladores crían que facían falta máis cousas. Por iso foron sacando actualizacións como empresa independente ata que en 2014 a empresa Mojang foi comprada por Microsoft. Houbo unha época na que apenas había actualizacións pero en 2016 chegou unha actualización moi importante que cambiou o combate.
As seguintes versións foron algo malas pero en 2018 sacaron unha xenial actualización e a partir de…

Un home da Pobra do Caramiñal descubre a cura do cancro

Imaxe
Un home da Pobra do Caramiñal descubre a cura do cancro.
Un descubrimento  que cambiara o mundo.



Mateo González González a Pobra do Caramiñal 06062019 15:45

O descubrimento fíxose o 5 de abril de 2019 nos Estados unidos. O científico da Pobra levaba seis anos traballando para descubrir a cura do cancro sen ter que pasar por quimios e radiacións, finalmente descubriuna. El traballou para salvar a humanidade dende sempre xa que cando era pequeno o seu pai morreu de cancro.

A cura está composta por acedos minerais aínda que un dos ingredientes é zume de cítricos. A mestura
non ten ningún efecto secundario preocupante e non hai alerxias a ningún compoñente da medicación.

Nos Estados Unidos xa se utilizou con enfermos terminais de cancro e todos se recuperaron. Moitos consideran isto coma un milagro xa que a esas persoas apenas lles quedaban uns días de vida.

A OMS afirma que este medicamento é un dos máis importantes da humanidade despois do xarope do catarro. O goberno español di que non …

Empeza a terceira guerra mundial

Imaxe
Empeza a terceira guerra mundial.Devido a un accidente dos USA comezou este choque político



 A Pobra do caramiñal, Mateo González González, 31052019 16:15 O incidente ocurriu o pasado 29 de maio de 2019 nunha comida co propósito de mellorar relacións diplomáticas entre china e Estados Unidos. Estaban comendo na Casa Branca cando ao final da cena o presidente chino comezou a atoparse mal. Tivo que ir ao Hospital e alí descubriron que foi provocado por unha intoxicación alimenticia. O presidente chino tomouno moi mal ao pensar que fora intencionado. Uns días despois comezaron os ataques aos USA se previo aviso.

O principal culpábel pensase que foi o cociñeiro xa que as veces falaba moi mal dos chinos.  Aquí temos unhas declaracións do acusado: -Xuro que non o fixen intencionadamente, sería que algún alimento esteaba en mal estado pero eu non tiña coñecemento diso.- Autoridades policiais de Estados Unidos comentan que é probable que se lle acuse polo acontecido.
Os chinos entraron pola …

Pokemon

Imaxe
Novo día, nova entrada.Hoxe, devido que fai uns poucos días saíu a película Detective Pikachu, decidín falar
sobre unha das maiores sagas de videoxogos do mundo: Pokemon.
Se estades vendo isto e sabedes de pokemon poñede nos comentarios o voso favoito. O meu é Blaziquen.
 Esta saga empezou en 1996 en Xapón cos xogos Pokemon vermello e verde, foron un grande éxito, despois sacaron a versión azul. Tempo despois chegaron a Europa e América o vermello e o azul. O verde nunca saíu de Xapón.
Polo éxito dos xogos sacouse unha serie de animación que fixo aínda máis famosa a serie. Como pasaban os anos fóronse sacando máis xogos que, por cada xeración de videoxogos, sacábase unha nova temporada de animación.

Algúns dos xogos mellor valorados son Branco e Negro e Rubí e Zafiro.

Pokemon ten moitos xoguetes, produtos e versións especiais de consolas.
Pokemon chegou á gran pantalla  con moitas películas de animación e recentemente fíxose Detective Pikachu en live action.

Ata aquí a miña entrada.…

Call of War

Imaxe
Bo día!Hoxe veño falar sobre un xogo de PC e móbil baseado na segunda guerra mundial na cal es o gobernante dun país e tes que tratar de chegar a un número de puntos que varía dependendo do escenario. Tes que centrarte en conseguir comida, ferro, man de obra, materiais raros, caixas, diñeiro e petróleo. Con estes materiais tes que facer edificios e exercito para conquistar países, gañar puntos e conseguir ser a maior forza mundial.


Hay diferentes modos de xogo e Mapas. No modo principal eres un país do norteamérica, Europa ou note de África. Empezas con catro cidades nas que hai complexos industriais. Hay que ir construíndo cuarteis, bases navais e máis cousas. Con estes podes crear tropas, aumentar a produción de recursos ou aumentar defensa e velocidade das tropas.
Dentro das tropas hai diferentes grupos: Infantería, blindaxe, aviación, naval e secreto que ten nucleararización principalmente. Estas consumen diferentes materiais e son efectivas con difentes tipos de tropas. 
Despois …

Catán Piratas e exploradores

Imaxe
Ola!Hoxe veño a falar no blog sobre Catán Piratas e Exploradores, este non é un xogo independente, é unha expansión.
Esta expansión engade cousas moi interesantes coma os barcos, os piratas, peixes... Pero vaiamos por partes xa que isto agora vai soar complicado .

Nesta expansión vanse engadindo cousas pouco a pouco. Ao principio hai un mapa no que hai tres illas, dúas de elas non se sabe como están postas ata que se chega alí. Para poder facer poboados tes que levar un barco con colonos as outras illas e cando chegues a un lugar que che guste quitas o bar e os colonos e os deixas na reserva e pos no seu lugar un poboado.

No seguinte amplíanse dúas illas e aparecen os piratas e as súas guaridas, estas poden ser destruídas levando tres unidades nos barcos. Ao liberala obtés puntos de vitoria e nese lugar ponse un número que se fas un poboado alí cando toque o número recives dúas moedas que podes cambiar por cousas. O barco pirata fai que por onde estea ao pasar custe ouro. O demais é igua…

Catan

Imaxe
Ola! Estades ben? Iso espero. Hoxe veño falar sobre un xogo de mesa que me gusta moito. Chámase Catán. Non o coñecedes? Pois teríades que coñecelo.
O Catan é un divertido, e adictivo, xogo de mesa para tres ou catro xogadores no que o voso obxectivo
 é colonizar unha illa o mais rápido posible. Gaña o que primeiro que chegue a dez puntos de vitoria.
 estes obtéñense, principalmente, de facer poboados e cidades.
Modo de xogo.No Catán o teu propósito é colonizar unha illa o primeiro, pero, como colonizamos? Pois para iso estou eu. No xogo empeza cada xogador empeza con dous poboados e dúas estradas.
Os poboados colócanse no punto onde se unen tres hexágonos dos que forman o taboleiro. Estes
poboados produciran materiais dos hexágonos cando toque o número do hexágono nun dado.
Os poboados constrúense con diferentes materiais e apórtache un punto. A cidade de cada hexágono
saca dous materiais e aporta dous puntos. A cidade ten que construírse en lugar dun poboado.
Para moverte pola illa tes que fa…

Uns cantos chistes.

Imaxe
Ola!Bo día a todos, espero que vos guste a miña nova entrada.

Hoxe non vou tratar ningún tema de interese, pero vou contar uns cantos chistes que espero que vos gusten. Todos estes son chistes de invención propia.
Empezamos:(1) Era tan tan parvo que vendeu a televisión para comprar un reprodutor de video. 

(2) Vai un home a un restaurante chino e dille ao camareiro:
-Quero calne-
-So temos calne de lata-
-Pois que sexa de lata, pero de que tipo?-
-De lata que cole polos lincóns-

(3) -Viches o apagón de onte a noite?-
-Non. Estaba moi escuro.-

(4) Ninguén é perfecto. Firmado: Ninguén.

(5) Era tan tan lento que perdeu coa súa sombra.

(6) Se o río soa... Un musico estáse a afogar.

(7) Nun xuízo:
-Así que a ferida foi por unha arma branca.-
-Si, dinlle un golpe cunha botella de leite.


O meu animal favorito

Imaxe
Ola a todos.
Hoxe vou falar sobre o meu animal favorito, a formiga. Non sei a quen lle interesará saber cal é o meu
animal preferido pero non me importa e vou facer o que me apeteza.
A formiga. Por que me gusta tanto?
Este animal gústame porque é fascinante xa que é moi pequeno, é un gran arquitecto porque as
súas galerías chegan a varios metros de lonxitude e porque son moi sociais. Teñen unha gran
intelixencia.
Estes son os únicos insectos sen alas xa que so teñen as raíñas e despois pérdenas.
Diferéncianse a raíña e as obreiras, dentro das obreiras distínguense as obreiras, as soldado e as
enfermeiras. Nalgunhas especies pode non haber soldados.
As obreira teñen a labor de explorar, cavar, conseguir alimento e cazar. As soldados defenden
o niño e as enfermeiras ocúpanse dos ovos.

13.2. A noticia da semana 2

Imaxe
Ola, benvidos de novo ao meu blog.
Hoxe veño falar sobre unha das noticias máis polémicas de ultimamente.
O partido de ultradereita de Vox quere que se legalice a venta e a propiedade de armas para españois
en casos de ameaza real.
Fontes de información:
Santiago Abascal propón cambiar a lei para permitir usar armas como defensa persoal en La Voz deGaliciaAbascal propón legalizar o uso de armas para defensa persoal en ABCResumo:
Santiago Abascal, o presidente de Vox, nunha das súas propostas electorais dixo que a constitución
española debe ser modificada para que permita ter armas na casa para poder protexerse.
Estes cidadáns deberan non ter antecedentes e deben ter plena saúde mental. Todos os demais partidos responderon que isto é innecesario xa que España é un dos países
máis seguros do mundo. Isto significa que Vox está quedando sen ideas. É o que opinan algúns
partidos xa que non queren que isto se converta en Estados Unidos.

Opinión:A miña opinión é que isto é unha tolería xa que países ond…

Vlog as afeccións.

Imaxe

Noticia da semana 1

Imaxe
Bo día a todos.Nesta nova entrada do meu blog vou tratar unha noticia moi polémica que está relacionada coa
independencia de Cataluña de España
As fontes de información
:Quim Torra colga unha nova pancarta na Generralitat:<<Libertad de opinión y expresión>> en ABC
Torra provoca á Xunta Electoral e ao Goberno cunha nova pancartaen La Voz de Galicia ResumoA xunta electoral central obrigou ao goberno de Cataluña á retirada de todos os símbolos
independentistas dos edificios públicos.  En Cataluña estaban colgados polos edificios públicos
lazos amarelos e a Xunta Electoral Central obrigou retiralos. Entón os independentistas puxeron
lazos brancos e pancartas para a liberación dos políticos independentistas presos. Devido a isto a Xunta prohibiu  a colocación de calquera símbolo independentista en edificios
públicos. Como protesta puxeron unha pancarta na que se reivindica a liberdade de expresión que
é o articulo 19 dos dereitos humanos.
Sanchez non quixo dicir nada ao respecto des…

A inmigración ilegal

Imaxe
A inmigración polo Mediterráneo.Ola, nesta nova entrada veño a falar  sobre a inmigración ilegal de persoas dende África cara Europa. Isto, por se alguén non o sabe, é que xente de países pobres e en guerra que tratan de atravesar o Mar Mediterráneo co obxectivo de chegar a Europa. As zoas por onde tratan de cruzar o Mediterráneo son normalmente o estreito de Xibraltar e dende Túnez ata Italia. Isto presenta un problema xa que en España, polo problema da crise, non podemos acoller a todos os inmigrantes e en Italia non se deixan atracar a barcos de ONGs. Polo que acollelos é moi  complicado.
O que hai que facer é facer que os demais países europeos acollan aos inmigrantes e teñan unha oportunidade para traballar.

A miña primeira entrada

Imaxe
Ola a todos!Eu son Mateo González González, un rapaz da Pobra do Caramiñal de 13 anos que hoxe vai
comezar o seu blog.
Neste blog vou falar sobre cousas que me gustan a min como películas, videoxogos, xogos de mesa
e vou contar chistes de cando en vez. Pode que algunhas veces fale de animais xa que tamén me 
gusta a bioloxía.